MercaAgolada

24.04.2019 10:03

Dende o pasado mes de maio de 2013, e con gran esforzo e apoio por parte do grupo de goberno e o inconmesurable esforzo da nosa técnico de cultura Inma Galego coa colaboración de Maika, se puxo  en marcha unha  iniciativa... MercAgolada, que procuraba facer do entorno de Os Pendellos un punto de encontro para a  compra venda de produtos naturais da zona de alta calidade.      Todos os derradeiros sábados de mes diferentes expositores amosaban os seus bos faceres en diferentes sectores artesanais e naturais, poñendo ao dispor do público a posibilidade de adquirilos a bo prezo. Dende un queixo, un doce etc... pasando por abalorios, bonecos, cestería etc...cada un aportando o seu gran de area e facendo do mercado de proximidade unha identidade da nosa zona. Anticipámonos ao futuro tentando afianzar un mercado de proximidade con produtos naturais de alta calidade.

A iniciativa lamentablemente non acadou o éxito esperado, básicamente, pensamos, que pola súa perioricidade demasiado estreita e a pouca difusión e constancia dos oferentes. A data actual xa non se celebra, sen embargo, seguimos a presentala aquí, por que consideramos dende o Concello de Agolada, que voltaremos sobre ela tan pronto poidamos, xa que consideramos que necesita un repaso para de verdade converterse nun éxito. Paciencia.

Voltaremos a tentalo...