NOVA ADQUISICION - AS CABALERIZAS-

27.09.2019 09:56

O Concello de Agolada ven de asinar un Convenio de colaboración coa Consellería de Cultura e Turismo, para iniciar a rehabilitación integral da edificación sita no entorno de Os Pendellos e denominada "Cabalerizas".

O presuposto se determina nun importe de 59.999,88 euros e as actuacións que comprende nesta primaira fase son as de estabilización e consolidación dos muros e renovación da cuberta dos diferentes espazos que a integran.